Aberto o prazo de presentación de filmes para a Semana de Cine

O Grupo Fotocinematrográfico Fonmiñá vén de abrir o prazo de presentación dos filmes que se poderán ver na vindeira edición da Semana do Cine de Lugo, que terá lugar do 21 ao 26 de outubro de 2019. O prazo de inscripción rematará o vindeiro 22 de maio.

Un xurado, elixido pola organización entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, prensa e cultura, será o encargado de seleccionar entre todos os filmes recibidos as cintas escollidas para as seccións competitivas. Asemade, calquera participante asume que, en caso de non ser elixida a súa película, a organización do festival poida proxectala nunha das seccións non competitivas.

As inscripcións poderánse facer tanto de forma tradicional, solicitándoo no enderezo electrónico secilug@gmail.com antes das 14.00 horas do 22 de maio; como online, a través do formulario de inscripción da plataforma dixital correspondente, neste caso o prazo rematará as 24.00 horas do 22 de maio.

Entre os requisitos para a selección de longametraxes destacan a producción entre 2018 e 2019 sen a súa exhibición nin edición comercial en España en salas públicas, televisión ou VoDou Webs antes do 19 de outubro de 2019. Asemde, as obras deben ser de ficción con máis de 60 minutos de duración.

A mesma duración requiren os documentais que pretendan ser seleccionados para a competición oficial. No caso das curtametraxes, a súa duración non poderá exceder os 30 minutos. Asemade, a organización considera imprescindible o subtitulado en castelán das copias cuxo idioma orixinal sexa galego, inglés ou outro calquera.

Do mesmo xeito, algúns filmes terán certas preferencias á hora de seren escollidos se se inclúen dentro dos xéneros e temáticas seguintes: Cine Independente, Gastronomía, Camiños de Santiago (tanto o Francés como o Primitivo), Cine Galego e O Mundo dos Museos (en especial, Arte e Pintura).

Premios

Nesta edición do festival lucense de cinema, se repartirán un total de 2.200 euros en premios, tanto ás mellores películas escollidas polo público como as mellores en base á decisión do Xurado Oficial. Así, o Premio do Público repartirá 1.000 euros para a Mellor Película da Sección Oficial, e 300 para a Mellor Curtametraxe; asemade, cada premiado recibirá un trofeo. Os galardóns elixidos polo Xurado oficial (mellor película documental, mellor película galega e mellor curtametraxe galega) constará, cada un, dun trofeo e 300 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com