O Concello de Lugo ven de comunicar por medio do concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas,que “se abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021”.
O edil informou que dende a Concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cunha renda familiar que non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás rendas familiar que non supere 0.80 veces o IPREM.
O concelleiro de Educación indicou que para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello, preferentemente por vía telemática, presencialmente no concello, solicitando cita previa no 010 ou noutras administracións até o 7 de setembro.