O Concello de Lugo abriu o prazo para que os interesados soliciten os permisos necesarios para celebrar fogueiras en San Xoán. As peticións para a queima faranse nos impresos que están a disposición nas dependencias da Policía Local. O prazo de presentación de instancias rematará ás 13:00 horas do vindeiro día 23 de xuño.
Dende o Concello de Lugo lembran que queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos tóxicos e o lanzamento de foguetes. Do mesmo xeito, as fogueiras non se poderán facer en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo, así como no casco histórico. O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deben retirar do lugar da celebración todos os refugallos que queden unha vez rematada a queima.
Por outro lado, o Concello lembra que, en caso de incumprimento do indicado ou ante queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar a fogueira.