Aberto o prazo do concurso de escaparatismo Nadal 2015

O Concello de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para participar no concurso de decoración de escaparates e establecementos no Nadal 2015. O certame está convocado pola entidade local en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e coa Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo. Todos os establecementos comerciais e de hostalería que se encontren situados no termo municipal de Lugo interesados en participar poden inscribirse de xeito gratuíto ata o vindeiro venres, 11 de decembro, ás 15:00 horas. Os interesados deberán formalizar a inscrición ben no servizo de información municipal 010 ou nos teléfonos da Federación de Comercio e da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, 982-25-21-20 e 982-22-69-12, respectivamente.

Establécense un total de catro premios para catro establecementos seleccionados por un xurado profesional, un primeiro premio para un establecemento de comercio e outro para un establecemento de hostalería de 800 euros cada un, un segundo premio para un establecemento de comercio ou hostalería de 400 euros e un terceiro de 200 euros. Todos os locais premiados recibirán tamén un diploma e serán publicitados nos medios como gañadores. Non poderá ser premiado máis dun establecemento pertencente a unha mesma cadea comercial.

Todos os escaparates e establecementos deberán estar rematados antes do día 16 de decembro debendo permanecer decorados ata o 7 de xaneiro. Nos escaparates deberá colocarse un distintivo, facilitado polo Concello de Lugo, no que se acredite a participación do establecemento neste concurso.

 

Máis información na web municipal www.lugo.gal

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com