Abertas desde esta mesma mañá as inscricións para os roteiros para descubrir o Románico lucense que organiza a Deputación para o Día da Transrománica. As anotacións poderanse facer ata as 12.00 horas do 8 de maio ou ata que se completen os aforos, na páxina web inscricions.deputacionlugo.org. En total, a Deputación pon a disposición dos interesados 112 prazas.
Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia. Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos colaboran nesta conmemoración ofrecendo estas visitas da man das guías municipais que traballan nestes municipios.
As rutas que se poden realizar o día 9 de maio son as seguintes:
Ás 10.30 horas
– Catedral de Lugo e cidade medieval
– Ribeira Sacra – Carballedo
– Ribeira Sacra – Monforte de Lemos
– Ribeira Sacra – Taboada
– Ribeira Sacra – Pantón
– Ribeira Sacra – O Saviñao
Ás 10.40 horas
– San Martiño de Mondoñedo, en Foz
Ás 11.00 horas
– Camiño Francés I – Sarria
– Santa María de Meira
Ás 16.30 horas
– Románico do Lugo rural e Guntín
– Románico da Ulloa
– Camiño Francés II: Portomarín e San Facundo de Ribas de Miño
– Ribeira Sacra – Chantada
– Ribeira Sacra – Sober