Aberto o prazo para o concurso de escaparates de Lugo

Todos os establecementos comerciais que se encontren situados no termo municipal de Lugo interesados en participar poden inscribirse de xeito gratuíto ata as 15:00 horas do vindeiro xoves, 15 de decembro. Os interesados deberán formalizar a inscrición ben no Servizo de Información Cidadá 010 ou no teléfono da Federación de Comercio, 982-25-21-20.

 Establécense un total de tres premios para tres establecementos seleccionados por un xurado profesional, un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 400 euros e un terceiro de 200 euros. Todos os locais premiados recibirán tamén un diploma e serán publicitados nos medios como gañadores.

 Os escaparates e establecementos deberán estar rematados antes do día 21 de decembro, debendo permanecer decorados ata o 7 de xaneiro. Nos escaparates deberá colocarse un distintivo, facilitado polo Concello, no que se acredite a participación do establecemento neste concurso.

 O xurado estará integrado por un fotógrafo, un decorador e un escaparatista que valorarán os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade, o emprego de elementos da propia actividade e a ornamentación e a vistosidade do traballo, entre outros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com