O Concello de Lugo, a través da concellería de Xuventude, abriu os prazos para que a mocidade se inscriba nas actividades de formación incluídas no programa +Xti, desenvolvido a través do plan de Prevención de Drogas e outras adiccións.
O obxectivo das accións é “ofrecer á xuventude lucense unha oferta de ocio saudable e que lles permita practicar as súas afeccións ou mesmo mellorar a súa empregabilidade, ao mesmo tempo que lles axude na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento das drogas”, sostivo o edil titular da área.
Neste senso, un dos cursos que se impartirá será o de iniciación ao tenis de mesa, que se desenvolverá nos meses de marzo, abril e maio na casa da Xuventude, impartido pola asociación xuvenil milagrosa (CTM Milagrosa).
Ademais, se ofrece formación en impresión e deseño en 3D, que se realizará todos os venres e sábados durante os meses de marzo, abril e maio, no Centro de Emprendemento municipal (CEI-Nodus). Estará impartido por Triesfera e o aforo é de 10 persoas.
Por outra banda, está programado un curso de 15 prazas en comunicación dixital efectiva en redes sociais, que se desenvolverá do 7 de marzo ao 27 de abril os luns, martes e mércores, en xornada de tarde, na Casa da Xuventude. Está dirixido por Recursos Galicia SL.
As accións están dirixidas á mocidade con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Os interesados poden inscribirse ata completar as prazas. Para inscribirse ou ampliar información pódese consultar a páxina www.lugomasxti.org.