Aberto o prazo para participar en Mondoñedo no curso de verán Educación na natureza

Aberto o prazo para participar en Mondoñedo no curso de verán ‘A Educación na natureza e as intervencións asistidas con animais’, que terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de xullo no Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa inclúese dentro do plan de choque posto en marcha entre a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela.

A través desta iniciativa, dirixida a estudantes de maxisterio, mestres, monitores ou veterinarios, entre outros, danse a coñecer os beneficios da Educación na Natureza e as posibilidades que ofrecen os animais adestrados para a realización de actividades, tanto no ámbito da educación formal como non formal.

Na presentación do curso participaron a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia. López Izquierdo destacou que “a Deputación de Lugo sempre será unha administración sensible co eido animal da provincia; e é por iso que sempre ofrecemos e ofreceremos medidas de concienciación social para preservar a flora e a fauna autóctona; porque sabemos que esta é a riqueza máis grande que calquera de nós podemos ter”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com