Aberto o prazo para participar na mostra de ArteSanFroilan 2017

O Goberno da Deputación abre hoxe o prazo de solicitude ata o 27 de xullo para os artesáns que desexen participar na mostra de artesanía ArteSanFroilán 2017, que organiza o Executivo Provincial a través do CENTRAD para promocionar e impulsar o traballo dos artesáns da provincia.

A participación nesta mostra está reservada a profesionais cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha determinada materia prima.

Os artesáns poden participar individual ou conxuntamente. Para a selección puntuarase favorablemente a calidade e coherencia no uso de técnicas, tecnoloxías, materiais, cores e tódolos compoñentes do proceso de elaboración das pezas. Ademais valorarase a utilización de materias primas autóctonas; pezas que permitan unha fácil interpretación e ligazón co territorio; ou a innovación tanto nos procesos e materiais empregados como no uso das tecnoloxías de información.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com