Aberto o prazo para participar no coloquio ‘A cidade romana no noroeste’

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns no salón de actos do organismo provincial o Coloquio Internacional A cidade romana no noroeste: novas perspectivas, que organiza a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, e que conta cunha achega económica da Deputación de 3.000 euros.

Este coloquio centrarase especialmente no urbanismo, as infraestruturas e a paisaxe de Lugo e Braga desde diferentes perspectivas, reunindo a xeógrafos, enxeñeiros, arquitectos, botánicos, arqueólogos e historiadores de diferentes partes do mundo.  A inscrición para participar no coloquio é de 50 € (30 € para alumnos da USC e licenciados ou graduados sen emprego). Pódese realizar a través da www.usc.es/humanidades ata o 17 de outubro.

García Porto subliñou que “somos conscientes da importancia da investigación histórica, por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e a provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com