Aberto o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do vindeiro Arde Lucus

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as bases para participar no Concurso do cartel Arde Lucus 2015, e que ten de prazo ata o 23 de febreiro.
Escoitámola:


Tamén anunciou a creación de dous novos grupos para o Arde Lucus, un de amazonas e gladiadores, e outro de mitoloxia romana. Estes sumaranse aos que xa existen como son o das vestais, asamblearias e o senado.
Carmen Basadre de novo:


Para rematar, a concelleira presentou os I Xogos Romanos de taboleiro. Trátase dunha actividade xurdida dentro do marco de colaboración cultural entre Lugo e Braga, e coa que se favorece a aprendizaxe nas áreas de Historia, Xeografía, Matemáticas e Tecnoloxía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com