Aberto o prazo para solicitar as axudas de rehabilitación no casco histórico de Lugo

Dende hoxe sábado e ata o 31 de agosto poden solicitarse as subvencións da 14ª fase das axudas á rehabilitación do centro histórico de Lugo, trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Esta convocatoria, que foi publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións, obedece a un acordo asinado entre o Concello e o Ministerio de Fomento a través do Plan Estatal de Fomento de Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbana 2013-2016, para o que se destinan preto de 138.000 euros neste 2016.

Con estas novas axudas, rehabilitaranse un mínimo de 21 vivendas no caso histórico da cidade, actuacións que recibirán un máximo de 11.000 euros de axuda por vivenda e estarán principalmente dirixidas a corrixir patoloxías de orixe estrutural, humidades, filtracións e illamento térmico, así como favorecer a eficiencia enerxética e a accesibilidade. A recuperación dos inmobles executarase neste ano debendo xustificar ditas obras antes do 30 de novembro.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, así como no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web www.lugo.gal. As solicitudes, tanto para vivendas como para edificios, deberán presentarse nas oficinas de Evislusa, situadas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, onde ademais os interesados poderán obter máis información. O prazo máximo para resolver a resolución será de 3 meses, contados a partir do día seguinte ao do remate da presentación de solicitudes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com