Aberto o proceso de selección de 4 novos postos de traballo do DEPUEMPREGO en Monforte

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, anunciou este luns que xa é posible concorrer a 4 novos postos de traballo do DEPUEMPREGO, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, trátanse de postos de oficial de xardín, oficial electricista e auxiliar administrativo/a no Concello de Monforte.

O prazo para solicitar calquera destes postos do DEPUEMPREGO en Monforte de Lemos está aberto ata o próximo martes 28. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Campos Conde quixo resaltar que “dende o Goberno Provincial levamos creado máis de 308 postos de traballo en 66 municipios diferentes da provincia por medio do DEPUEMPREGO, dentro do cal,  hai 2 semanas presentabamos a convocatoria de 5 novos postos no Concello de Quiroga. Hoxe facémolo con outros 4 novos postos en Monforte o que demostra a nosa aposta continúa pola creación de emprego na nosa provincia”.

 A información sobre esta concorrencia atópase publicada no BOP. Tamén se poden consultar as bases, que son elaboradas polos Concellos, no banner de emprego da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal. Ademais das bases de selección os Concellos son tamén os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de solicitudes o día 28. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com