Aberto o proceso de selección de 6 postos de traballo do DepuEmprego en Vilalba

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 6 novos postos de emprego para traballar como peón en Vilalba. Farano grazas ao DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes dende hoxe 4 outubro, no INEM. Máis información, no propio Concello de Vilalba. Os interesados deberán dirixirse ao INEM ou ao Concello para realizar os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello ou en www.deputacionlugo.gal, no que hai un espazo habilitado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com