Aberto o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra

O Goberno da Deputación abriu esta mañá o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra, que comezarán a funcionar o sábado 24 de marzo, a fin de semana previa á Semana Santa. Así o informou o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, quen indicou que “os interesados en gozar dalgunha das rutas fluviais da Deputación poden facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información”.

Pódese facer online as 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas no teléfono 982 260 196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente na primeira planta onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos os interesados.

Vidal Baamonde lembrou que “dende que o actual Goberno da Deputación asumiu a xestión das rutas fluviais, o número de viaxeiros aumentou nun 30%, superando os 53.250 o pasado ano. Todo isto, tras as melloras levadas a cabo como a renovación dunha Central de Reservas que funciona as 24 horas, a apertura dunha oficina de turismo en Doade con profesionais que informar sobre a riqueza da Ribeira Sacra ou a mellora das propias embarcacións, entre outras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com