Aberto o prazo para solicitar axudas para material de educación infantil

Dende este mércores, 23 de agosto, e ata o 11 de setembro poden solicitarse as axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil, trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Esta convocatoria, que foi publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións, ten o obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio.

O Concello, a pesar de non ter competencias en materia de Educación, destina 36.500 euros a estas axudas, para facilitar o acceso á educación a toda poboación en igualdade de condicións, ao tempo que contribúen a superar as desigualdades e impulsan unha mellor educación.

As bolsas escolares están dirixidas ao alumnado de educación infantil, de 3 a 6 anos, matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Nesta convocatoria a contía individual ascende dos 80 euros a un importe de 100 euros, dándose cumprimento ademais a un acordo plenario. Para acceder a ditas axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno ou alumna estea censado en Lugo.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, así como no taboleiro de edictos e na páxina www.lugo.gal. O formulario está a disposición dos interesados na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, na web do Concello, así como no propio BOP. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com