Abre a inscrición para realizar gratuitamente cursos de monitor de comedor e transporte escolar

A área de Xuventude abrirá mañá o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de monitor de comedor e axudante de transporte escolar, dirixidos á mocidade, unha accións formativa incluída no programa municipal +Xti, co que se busca formar a mozos e mozas de 16 a 35 anos en coñecementos valorados no mercado laboral, fomentando a súa empregabilidade. Hai dispoñibles un total de 15 prazas para estes cursos, cuxo prazo de matrícula remata o vindeiro 6 de marzo.

Os cursos desenvolveranse na Casa da Xuventude, onde se impartirán as 80 horas semi presenciais, os venres de tarde, en horario de 16.30 a 20.30 horas, e os sábados de mañá, de 10.00 a 14.00, durante os meses de marzo, abril e maio. A inscrición nesta actividade pódese realizar, de xeito gratuíto, desde mañá día 27 ata o vindeiro 6 de marzo, na páxina web www.lugomasxti.org, na pestana de Actividades/Inscricións.

A selección para cubrir as 15 prazas dispoñibles farase por rigorosa orde de inscrición, cuxo prazo remata o 6 de marzo, ás 19.00 horas. Para acceder a elas é necesario ter entre 16 e 35 anos e estar empadroado en Lugo ou residir no municipio. A Concellería de Xuventude pon a disposición o teléfono 982 297498 para solicitar máis información sobre estas actividades ou resolver dúbidas sobre esta acción formativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com