Abre en abril o centro de día público para maiores de Ribeira de Piquín

O alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, xunto a membros da Deputación provincial, mantiveron un encontro con maiores do Concello para levar a cabo, durante o día de hoxe, dunha xornada de portas abertas ao centro de día da localidade. E é que durante estes días os veciños están a coñecer de primeira man as instalacións e os servizos que ofrece esta dotación social ante a súa posta en funcionamento o vindeiro 1 de abril.

Este é o 1º centro de día que existe en Ribeira de Piquín e está situado na antiga escola do Chao do Pousadoiro, inmoble que estaba en desuso e que o alcalde decidiu recuperar e darlle un uso público e social en beneficio dos seus veciños.

Deputación e Concello investiron 300.000 euros nas obras de transformación e na adquisición do equipamento necesario. Na elaboración do regulamento, estableceu que os veciños de Ribeira de Piquín teñan prioridade de acceso. Na ordenanza fiscal, fixouse que o prezo se determine en base á capacidade económica de cada maior, o seu grao de dependencia e os específicos servizos que requira.

En función destes baremos, estableceuse un prezo máximo de 400 euros, que sería o que lle custaría a un veciño cunha pensión media, catalogado como gran dependente (é o grao máximo) e que necesita todos os servizos sociais dispoñibles, transporte, almorzo, xantar e merenda.

A xestión do centro de día é municipal e conta coa colaboración económica da Deputación. Todos os seus traballadores son do Concellos. Taxistas e establecementos de Ribeira de Piquín encárganse do servizo de transporte dos usuarios (ida e volta) e das comidas (almorzo, xantar e merenda). Así se estableceu para tentar contribuír á dinamización da economía local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com