Abre o prazo de inscrición para o Volante Deputación de Lugo na Pastoriza

Mañá as nove abrirá o prazo de inscrición na competición Volante Deputación de Lugo, que se celebrará no concello da Pastoriza. Trátase dunha actividade formativa que pretende achegar o mundo da competición automobilística aos afeccionados lucenses.

O organismo provincial puxo en marcha no ano 2012, en colaboración co Concello de A Pastoriza e a Escuela de Perfeccionamiento y Técnicas de Conducción (Escuela PTC), esta iniciativa na que, ademais do compoñente formativo, destaca a oportunidade que se lle brinda aos participantes de competir por unha praza no Rallye San Froilán.

O deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera Capón, destacou que “nos últimos anos, centos de afeccionados ao mundo do motor participaron no Volante Deputación de Lugo, unha actividade moi interesante, non só polo premio en xogo, senón tamén pola oportunidade que teñen de formarse a través de cursos de condución segura”.

O Deputado de Deportes aproveitou para “convidar aos lucenses a ser partícipes desta nova edición e, así, optar a ser o elixido para competir nunha proba histórica como é o Rallye San Froilán, que este ano cumprirá a súa 38 edición”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com