A Deputación de Lugo abriu hoxe o prazo de solicitude das axudas de concorrencia competitiva destinadas a entidades sen ánimo de lucro do territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola
propia institución, para desenvolver actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao rural que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico das propias reservas.
Tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) este pasado luns, 18 de abril, as asociacións e entidades interesadas poden consultars toda a información na web da institución provincial: https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subvencionsRRBB
Os concellos que poden solicitar estas xudas son Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, as destinadas á Reserva dos Ancares Lucenses, e Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo,
Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade, no caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Esta iniciativa, permite fortalecer unha rede de colaboración integradora, na que os colectivos locais e entidades sen ánimo de lucro propoñan e impulsen actividades no marco dos Plans de Acción aprobados para as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares
Lucenses.