O Concello, anunciou a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. O edil de Educación, Felipe Rivas, “este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros”. Rivas, informou de que “se están a realizar protocolos de actuación seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas”.
Asemade indicou que “debido á redución de aforo, realizarase un baremo para outorgar as prazas tendo en conta como criterio principal as posibilidades de conciliación das familias”. Segundo Felipe Rivas, “as familias que non accedan a unha praza na primeira adxudicación, manteranse en lista de agarda para un posible aumento de aforo no caso de que o permitan as autoridades sanitarias”.
Os prezos seguirán sendo os mesmos que no último curso escolar, e para solicitar unha praza deberá cubrirse a solicitude que se atopa na páxina web do concello, e entregalo mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, solicitando cita previa no 010.
Xuñ 15, 2020 - 02:54 PM
1,5 m
Xuñ 15, 2020 - 02:53 PM
A mascarilla….?