Abre o prazo para presentar ofertas de adquisición de inmobles no casco histórico de Mondoñedo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu hoxe o prazo para a
presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Mondoñedo, ao abeiro do Programa Rexurbe.
É a primeira vez que se realiza neste concello unha oferta pública destas características por ter xa a declaración de Área Rexurbe, recollida na Lei de rehabilitación de Galicia, e moi avanzada a redacción do Plan de dinamización.
Segundo consta na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 300.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños.
Todos aqueles propietarios que estean interesados en presentar as súas ofertas á Administración galega dispoñen ata o 25 de agosto para achegar as mesmas.

Unha vez adquiridos os inmobles, o Instituto Galego da Vivenda e Solo procederá á súa rehabilitación e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública e destinadas ao alugueiro.
Os edificios ou parcelas que se adquiran no marco deste oferta pública deberán reunir uns requisitos mínimos que permitan:
– Que as novas vivendas, froito da actuación, reúnan as condicións óptimas dende o punto de vista do confort e habitabilidade.
– Non deben estar afectados por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.
– Que os custos da rehabilitación non resulten desproporcionados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com