A Concellería de Xuventude e Deportes abriu o prazo para que as distintas entidades deportivas e clubs lucenses presenten as solicitudes de utilización das máis de trinta instalacións deportivas municipais, de cara á tempada 2024-2025. Deberán entregar as súas peticións no Rexistro Xeral, vía telemática, antes do vindeiro 18 de xuño, cubrindo o modelo 801, que se pode descargar no web do Concello de Lugo, no enlace: https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2019/11/801cast_solic_de_instalacion_deportiva.pdf
O Concello de Lugo dispón de varios campos de fútbol, canchas de baloncesto, pistas de atletismo ou piscinas municipais, pero tamén de instalacións que permiten a práctica de disciplinas máis minoritarias como sala de esgrima, de tiro olímpico, rocódromo, béisbol ou tiro con arco, entre as máis de trinta instalacións que actualmente son empregadas polos clubs para adestramentos durante a semana e para competicións e torneos, os fins de semana.