Abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións culturais

Este luns, 10 de marzo, abriu o prazo de solicitude das axudas para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 315.000 euros, e outra para melloras
nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 185.000 euros.

As bases e modelos de solicitude, publicados o venres 7 de marzo no Boletín Oficial da Provincia, están dispoñibles tamén na web
cultura.deputacionlugo.gal, no apartado Programas e subvencións, con indicacións precisas sobre o procedemento de solicitudes. O prazo estará aberto ata o venres 21 de marzo, incluído.

Na última convocatoria, concedéronse un total de 431 subvencións, 256 para a organización de actividades culturais e 175 para investimentos e equipamentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com