Abre o prazo para solicitar as axudas ao silvopastoreo do programa “O que non arde”

Abre o prazo para solicitar as axudas ao silvopastoreo do programa “O que non arde”, de Medio Rural da Deputación de Lugo

Segundo se establece nas bases, publicadas este venres no Boletín Oficial da Provincia, a convocatoria artículase en dous eixos: un,
dirixido a titulares de gandeirías de ovino, cabrún e porcino, e outro, a asociacións gandeiras e federacións de produtores que fomenten o
silvopastoreo.

No primeiro caso, Medio Rural da Deputación ofrece achegas para  a adquisición ou mantemento de peches para xestionar o manexo e protexer o gando da fauna salvaxe, como pastores eléctricos ou valados de diferentes tipoloxías, así como para os gastos técnicos de deseño e
construción doutros sistemas innovadores para o aproveitamento multifuncional do monte e a convivencia do gando coa fauna salvaxe.  No
segundo, o financiamento vai destinado ao desenvolvemento de accións de formación e asesoramento técnico que fomenten o silvopastoreo preventivo de lumes.

As persoas e entidades interesadas teñen ata o 28 de outubro, incluído, para presentar as solicitudes, dacordo cos modelos publicados no BOP e dispoñibles tamén na web da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal), no apartado da área de Medio Rural. O orzamento destinado ás axudas é de 60.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com