Abre o prazo para solicitar praza nunha trintena de campamentos de verán

A Consellería de Política Social abre hoxe o prazo de solicitudes, que se prolongará durante sete días hábiles. Este ano a Xunta oferta  1514 prazas nunha trintena de campamentos de verán para rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos, ambos incluídos, que se celebrarán en sete instalacións da provincia de Lugo entre xullo e setembro.

O número de prazas nos campamentos é inferior ao de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero amplíase a oferta con novas propostas, que se convocarán proximamente. Así, a residencia xuvenil LugI ofrecerá 180 prazas a disposición de entidades e grupos de mozos e mozas.
Ademais, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, poranse en marcha os minicampamentos “Coñece Galicia”, con estadías de cinco días de duración -de luns a venres- en establecementos turísticos; esta modalidade contará con 170 prazas en Lugo.
Por último, como en anos anteriores, convocaranse tamén campos de voluntariado, que ofrecerán 60 prazas na provincia.

Os campamentos de verán da provincia desenvolveranse en Viveiro, Ribadeo, Portomarín, Palas de Rei, Carballedo, Quiroga e Lugo. Están organizados en diferentes propostas, cada unha cunha programación diversa de actividades que se suceden en varias quendas.
A decisión de convocar este verán os campamentos foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias. Neste sentido, vaise reducir o aforo nas instalacións para garantir a
distancia interpersoal entre participantes e equipo técnico; reforzarase o persoal monitor, que estará previamente formado e traballará con grupos de ata 15 participantes, e incrementaranse as medidas hixiénico-sanitarias de carácter persoal e na propia instalación.
No que respecta ás propostas, a principal novidade é o campamento AYCH Tecnolóxico que terá lugar no Lug2 e contará con tres edicións. Estas instalacións tamén albergarán dúas quendas dun campamento artístico titulado “O musical”.

 

Fotografía: Pixabay

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com