Abre o primeiro tramo da autovía A-56 que une Lugo con Ourense

O primeiro tramo da autovía A-56 que une Lugo con Ourense abriu hoxe cunha lonxitude de 8,8 quilómetros, e que discorren entre as localidades da Barrela (Lugo) e San Martiño (Ourense), correspondendo 8,3 km á provincia de Lugo e 0,5 km á de Ourense.

A autovía A-56, sensiblemente paralela á N-540, proxectouse para mellorar a seguridade viaria, funcionalidade, capacidade, tempos de percorrido e comodidade na circulación da actual N-540. O trazado da A-56, Norte-Sur, paralelo ao Eixo Atlántico (AP-9), permitirá cohesionar e vertebrar territorialmente a Galicia interior, podendo canalizar parte dos tráficos con orixe/destino cara a Portugal e Sur de Galicia (A-75/A- 52), desde o corredor Cantábrico (A-8). Supón ademais, unha importante mellora da accesibilidade á Rede de Autovías e Autoestradas, para a Galicia interior, con problemas de regresión demográfica. O tramo que se pon en servizo, A Barrela (Lugo)- San Martiño (Ourense), permitirá conectar a través dos nós da Barrela e As Lamas coas estradas autonómicas LU-901 e OU-901 no límite das provincias de Lugo e Ourense, conectando así a A-56 co eixo de comunicación denominado “Eixo do Ribeiro”, cara a Cea, O Carballiño e a AG-53, dando servizo aos núcleos de poboación da contorna.

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. lucusbering
    Set 23, 2020 - 03:43 PM

    @lavozdegalicia @obloque @ppdegalicia @PSdeG @pgsarria @RamonDeFaxarda @ElPelez2… https://t.co/PYJ5aLDfjL

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com