Accidente de circulación na rúa de Santiago

Á primeira hora da mañá de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Estrada Vella de Santiago, xa que se produciu un accidente de circulación, observando que dous vehículos chocara ao non respectar un dos condutores un sinal de “stop”, desprazándose un deles cara á beirarrúa e chocando contra un sinal de tráfico. O equipo de Atestados instrúe as oportunas dilixencias. (foto)

 Filtros de seguridade viaria

Durante a pasada  madrugada, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

Avenida Fontiñas. Condutor con signos de embriaguez que é sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l.

Rolda do Carmen. Condutor de turismo sometido a test de drogas con resultado POSITIVO en COCAÍNA.

San Eufrasio. Condutor de turismo sometido a test de drogas, con resultado POSITIVO en THC.

Estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, inmobilizando os vehículos.

 Venda ambulante non autorizada

Na mañá de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa con motivo do mercadillo semanal, sorprenderon a dúas persoas ocupando espazo público para a venda ambulante non autorizada, levantando dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñendo sanción de 600 euros a cada un deles.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com