Unha saída de vía saldouse esta mañá con cinco persoas feridas na A-6, ao seu paso por Guitiriz. As vítimas, que viaxaban no único turismo implicado, foron evacuadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Segundo puido saber o 112 Galicia, o coche rematou sobre a mediana no punto quilométrico 540 da autovía, á altura dunha gasolineira.
O 112 Galicia tiña constancia do ocorrido a través do aviso dun particular ao fío das 10:20 horas. Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se poñía a situación en coñecemento de 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do GES de Guitiriz.