O grupo municipal ACE-EU cre que é necesario introducir mecanismos no proceso de adxudicación das casetas e caldeiros do San Froilán para evitar o monopolio dos mesmos e a especulación.
“Non se pode permitir que a mesma empresa poxe por tódalas unidades sacadas a concurso e moito menos que participen firmas que nada teñen que ver coa hostelería. Este tipo de compañías de obxecto social difuso adícanse a especular a través das subcontratacións, e acaban perxudicando aos traballadores finais, cuxas condicións laborais son precarizadas mentres os adxudicatarios ensanchan obscenamente os seus beneficios”, salientou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.
ACE-EU considera que a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que leva moitos anos ao frente da organización de festas, ten de sobra experiencia neste tipo de concursos públicos como para coñecer a existencia de consultoras e empresas que se adican á “reventa” de adxudicacións, polo que resulta inexplicable que non teña extremado as precaucións ante este tipo de abusos dende os pregos de contratación.
“A apoderada da adxudicataria das casetas é famosa nos xulgados da Praza de Castilla e nas páxinas da prensa salmón polas prácticas irregulares dos camaleónicos chiringuitos financeiros que montou, calquera pode descubrir o sospetoiso entramado ao que pertence esta empresa simplemente tecleando en Google. Algo haberá que facer para evitar que os cartos públicos dos e das lucenses deixen de acabar dun xeito ou doutro en mans de presuntos corruptos, empezando por garantir realmente a transparencia en tódalas fases do proceso, para o que sería preciso que tódolos grupos políticos da corporación volvan a estar presentes nas mesas de contratación”, apunta o concelleiro Portomeñe.
Ago 30, 2016 - 09:47 PM
Tenían que participar todos los restaurantes que quieran y puedan, (lamentablemente), las elevadas tasas,… tb se tendría que garantizar los derechos laborales de todos y cada de la gente que se contrata.. que por norma general en Lugo, se las suelen pasar por donde les da la sombra… llegando a pagar 3€ y poco por hora trabajada… totalmente abusiva como es obvio…