ACE denuncia presións ás Anpas por parte da empresa que se encarga dos comedores

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida sinala que tivo coñecemento esta semana, a través de integrantes das diferentes Asociacións de Nais e Pais pertencentes aos nove colexios nos que os comedores escolares se atopan en situación irregular, de que as directivas das ANPA están a recibir presións por parte da empresa que actualmente presta o servizo para que acepten que siga sendo a mesma empresa a que continúe a cargo dos menús escolares a partir de xaneiro de 2017.

De feito, dende algunhas das ANPA foi enviada unha circular dirixida a todas as nais e pais para convocalas a unha reunión na que se informará sobre as manobras de presión ás que están sendo sometidas por parte da devandita empresa, que é a un tempo a adxudicataria do programa municipal de actividades extraescolares pero que carece de contrato coa administración local para ocuparse dos menús e xestionar o cobro dos mesmos, polo que os comedores escolares levan unha década sendo atendidos ao marxe da lei.

Segundo as citadas fontes, representantes da empresa lles entregaron un documento que deberían firmar membros das nove asociacións afectadas no que se comprometían a “tomar en consideración a proposta presentada por Vitae, para o servizo de catering de almorzos e xantares escolares a partir do 31 de decembro de 2016 e formulala diante dos órganos responsables das devanditas asociacións”.

“Trátase de feitos gravísimos que unha empresa privada trate de influir na libre decisión de asociacións sen ánimo de lucro para obter a explotación de instalacións públicas como son os comedores dos centros escolares sen pasar polos debidos cauces administrativos e legais. Esixir que se asinen documentos por escrito sen ningún tipo de validez legal é un evidente método de coacción. E todo isto está a ocorrer ante a impasibilidade do concelleiro de Educación, Manolo Núñez, sumando un motivo máis para o seu cese no cargo, por ser fosen poucos”, remarca Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com