ACE-EU afirma que o Concello de Lugo podería ter aforrado 168.000 €

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida afirma que “podería terse evitado a  anunciada licitación de 168.000 € para os estudos de viabilidade dos primeiros proxectos da subvencións europeas da liña EDUSI, porque eses traballos podería facelos o propio persoal do Concello”. O seu voceiro Carlos Portomeñe incidiu en que “o goberno local alega escaseza de persoal e excesiva carga de traballo no departamento de Enxeñería para xustificar a necesidade de externalizar estas tarefas, que serán realizadas por unha consultora privada; sen embargo, de ter axilizado as convocatorias das ofertas de emprego público dos dous anos anteriores, o Concello de Lugo contaría hoxe con dúas prazas máis de enxeñeiro de camiños, dúas de arquitecto e unha de delineante, polo que sería perfectamente factible que os estudos de viabilidade licitados fosen realizados por persoal funcionario”.

“A alcaldesa presumiu de ser un dos primeiros Concellos de España en comezar a executar os fondos da Estratexia DUSI, pero o único que fixo o seu equipo ata agora foi buscar o xeito de derivar a unha empresa privada o que podería ser feito por persoal público. No balance dos feitos só temos polo momento 42.000 € entregados discrecionalmente á consultora PricewaterhouseCoopers para realizar a presentación do Proxecto Muramiñae e redefinir as liñas de actuación do mesmo proxecto unha vez presentado”, explicou Portomeñe, voceiro de ACE-EU. “Lara Méndez vén de anunciar unha inversión de 2,5 millóns en cinco actuacións que nin sequera se sabe se poderán levarse a cabo, pois aínda debe ser comprobado se son viables. A súa xestión segue a consistir en mera propaganda”, concluíu o concelleiro.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com