ACE-EU anima á alcaldesa a non ceder ante as presións da dereita na reirada da “Lei Mordaza”

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida solicita á alcaldesa Lara Méndez que non ceda ante as presións do Partido Popular e dalgúns lobbies empresariais reaccionarios da cidade e anuncie canto antes a retirada do proxecto de Ordenanza de Seguridade e Civismo, coñecida como Ordenanza Mordaza por trasladar ao ámbito municipal moitos dos aspectos incluidos na Ley estatal de Seguridade Cidadá, tamén chamada Ley Mordaza, aprobada no Congreso cando gobernaba o PP. 

 ACE-EU considera que “o afán sancionador e recadatorio non contribuirá aos supostos obxectivos de mellorar a convivencia e coidado do espazo público por parte da cidadanía, e aposta polos programas de sensibilización e pedagóxicos (empezando polos casos das peleas entre adolescentes) e por mellorar a aplicación das ordenanzas xa existentes, como a de Medio Ambiente ou a de Contaminación Acústica, que xa regulan actualmente moitos dos apartados incluídos na nova Ordenanza Cívica (como os ouriños na vía pública, o depósito de residuos fóra dos lugares permitidos, o deterioro do mobiliario urbano etc”,

Pola contra pide aprobar a Lei Xeral de Publicidade e a que prohíbe a Publicidade Sexista. “A cidade está chea de valados e monopostes ilegais e os empresarios da publicidade non tributan no Concello, mentres o goberno local pretende aplicar sancións dun mínimo de 750 euros ás asociacións culturais que peguen cartaces para anunciar concertos e actividades sen ánimo de lucro”, sinala Carlos Portomeñe, concelleiro de ACE-EU. “Esta é unha ordenanza que persegue e castiga a expresión sociocultural da xente de a pé coa fin de privatizar o espazo público e reservalo para actividades empresariais e turísticas, limitando ao máximo o lexítimo disfrute e esparcemento da veciñanza nos seus propios barrios e parroquias”. Nese sentido,ACE-EU lembra que as propostas do PP para o texto desta Ordenanza afondan “no seu clasismo e aumentan o seu efecto discriminatorio, solicitando excepcións nas multas para determinadas actividades empresariais”.

ACE-EU afirma que a esencia das Ordenanzas Cívicas é “criminalizadora e parten da premisa de que todo cidadán é culpable dun comportamento inadecuado ata que se demostre o contrario, e que en virtude das mesmas os policías locais pasan de ser axentes a “sheriffs”, cedéndolles unha autoridade e prerrogativas que non lles corresponden legalmente”.

“Non ten sentido aprobar esta Ordenanza cando a Policía Local está a queixarse permanentemente de persoal e recursos insuficientes para desenvolver os seus actuais labores, como se realizaría de xeito satisfactorio a vixianza correspondente a esta nova Ordenanza sen aumentar a plantilla e ampliar horarios incluindo quendas de noite?”, cuestiona o concelleiro de ACE-EU, polo que advirte “a intencionalidade encuberta de recuperar de novo a brigada nocturna”.Carlos Portomeñe ve na Ordenanza Cívica “unha rendición do PSOE ás esixencias da dereita máis conservadora e avisa de que a súa aprobación sería como poñerlle a alfombra vermella a PP e Ciudadanos, que son os verdadeiros impulsores desta normativa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com