ACE-EU considera “anulable” o concurso para peonalizar Quiroga Ballesteros

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida considera insatisfactorias as explicacións lanzadas polo goberno local sobre o concurso de proxectos para a peonalización e cuberta da Rúa Quiroga Ballesteros, nas que indican que este se adaptará a posteriori á normativa de seguridade.

As bases esixían a presentación dunha memoria xustificativa do cumprimento da normativa de aplicación, polo que o feito de que o gañador do concurso non cumprise o establecido polo Código Técnico de Edificación, de absoluto e obrigado  cumprimento, nomeadamente o Documento Básico de Seguridade ante Incendios, é un “agravio comparativo” co resto de participantes que si fixeron o esforzo de adaptarse ás limitacións impostas pola normativa e de cumprir con pulcritude e rigor os requirimentos esixidos no propio concurso.

“Aínda que o equipo de Lara Méndez se refira ás propostas presentadas como bocetos, estas son legalmente anteproxectos, como así se indica literalmente nas bases do concursos, e como tales deben acreditar que cumpren a legalidade vixente para ser tidos en conta polo xurado”, indica o voceiro de ACE-EU, Carlos Portomeñe, que sinalou ademais “que usar a palabra boceto desmerece o inxente traballo que deben levar a cabo os propoñentes para deseñar unhas propostas que satisfagan tódolos criterios de valoración e é unha auténtica falta de respecto aos profesionais. Non se trata dun concurso de debuxos para postais navideñas organizado pola ANPA dunha escola, senón do deseño dunha proposta que afectará á actividade comercial, mobilidade, convivencia, seguridade e conservación patrimonial dun amplo espazo público”.

ACE-EU mantén que a decisión sensata por parte do goberno local sería estudar a paralización da adxudicación e reiniciar o procedemento subsanando as súas múltiples deficiencias, xa denunciadas públicamente por este grupo e mesmo con alegacións en contra do Colexio Oficial de Arquitectos, que non foron tidas en conta. O concurso, prantexado como procedemento encamiñado á obtención de planos e proxectos no campo de arquitectura e o urbanismo a través dunha selección encomendada a un xurado, no marco da adxudación dun contrato de servizos, réxese polas normas especiais aplicables aos concursos de proxectos, establecidas na sección sexta do Texto  efundido da Lei de Contratos do Sector Público, nas que se especifica con claridade que se deberá respetar o anonimato dos participantes ata que o xurado emita o seu dictame.

Sen embargo, nas bases do concurso se esixe que tódolos sobres estean asinados polo propoñente e que en todos eles conste o seu nome e datos de contacto, polo que non se tivo en conta este requisito legal básico. “Só polo feito de non ter garantido o anonimato dos propoñentes este concurso é anulable de pleno dereito”, explica Carlos Portomeñe, “así que levaremos este asunto á vindeira Comisión de Infraestruturas para que o goberno local esclareza qué solucións contempla para que este procedemento se axuste á legalidade”.

Este grupo municipal lembra que existen múltiples precedentes no Concello de Lugo de concursos deste tipo fallidos debido a erros nas bases, como o que se quixo realizar para situar un Museo Arqueolóxico e un Auditorio no antigo Cuartel de San Fernando, ou a máis recente anulación polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da adxudicación da reforma da Praza de Abastos por ser contraria á dereito. “Este tipo de erros poden saír caros ás arcas públicas, fronte a posibles indemnizacións aos participantes no concurso, ademais de que improvisar na redacción de bases afecta directamente á calidade do proxecto arquitectónico e urbanístico, polo que a máis prexudicada é a veciñanza usuaria este espazo público”, salientou Portomeñe.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ramón Lamote
    Dec 12, 2017 - 11:43 PM

    Os que remataremos pagando as chapuzas do goberno municipal seremos os de sempre, os lucenses; pero os responsables e os seus corruptos amigos seguro que sacan beneficio.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com