ACE-EU cree que a anulación do PXOM de Vigo é unha viaxe ao futuro do de Lugo

O voceiro de ACE, en resposta ao comunicado emitido polo Concello de Lugo, onde facía referencia á xestión e prazos do PXOM, declarou que  “non se entende que o PSOE presuma de que o PXOM de Lugo obtivo 15 sentenzas favorables, cando o de Vigo obtivo case un cento delas e aínda así acaba de ser anulado. Cunha soa sentenza desfavorable que sexa pertinente é suficiente, e ante esa o resto perden o seu valor”.

“Precisamente, o pasado marzo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, congratulábase de que tras 98 sentenzas favorables, o urbanismo vigués ficaba por fin en situación de seguridade xurídica”, e só oito meses despois, o Tribunal Supremo anulou de pleno dereito o PXOM de Vigo”, declarou Portomeñe.

“Ademais, o goberno local contradise, no mesmo escrito din unha cousa e a contraria: primeiro que o informe da Xunta previo á aprobación inicial non é vinculante e acto seguido que se aprobou un PXOM cun contido distinto en 2006 polo mandato obrigatorio da LOUGA e como consecuencia das modificacións introducidas a consecuencia do devandito informe. Que se aclaren, había que facer os cambios indicados pola Xunta para adaptar á Lei do Solo ou non?”, preguntou Portomeñe.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com