O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida denuncia a situación de caos de estacionamento no leiraparking do HULA, “que se evidenciou esta mañá unha vez máis cando unha muller quedou atrapada entre varios vehículos mal estacionados sen ter marxe para retirar o seu automóvil”. A muller solicitou a axuda da Policía Local, que non interviu alegando que ao non existir delimitación das prazas de aparcamento non hai infracción posible e polo tanto non se pode trasladar denuncia nin apartar vehículos mal estacionados.
Para Alternativa Cidadá de Esquerdas é unha neglixencia do goberno local que nun parking dun equipamento sanitario como un hospital non exista maneira de garantir aos seus usuarios que poderán retirar o seu vehículo a tempo ou aparcar sen dilacións ante unha posible urxencia.
“A improvisación do goberno provoca situacións lamentables coma as que acontecen nesta lameira á que o goberno ten a pouca vergonza de chamar aparcamento. Levan todo o mandato creando máis problemas dos que solucionan con dotacións mal plantexadas que só inauguran para figurar, pero que nunca cumpren as funcións para as que foron concibidas. O aparcamento dun hospital non pode ser unha lotería o unha trampa da que non poder saír cando o precisas”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.
Mai 10, 2019 - 08:42 AM
15 días máis tarde…copia/pega jajaja
Mai 10, 2019 - 02:12 AM
https://www.xornaldelugo.com/lugonovo-denuncia-a-desproteccion-da-cidadania-no-uso-do-leiraparking/