ACE-EU duda do Plan de Emprego do Concello

ACE-EU duda de que o goberno local,”estea en condicións de asegurar que con ningunha das axudas concedidas con cargo a este Plan se está a incumprir a lexislación vixente en materia de subvencións, e quere saber se ten previsto algún método de inspección ou a designación dalgún departamento municipal para comprobalo”.

Queremos que se nos explique por que motivo non se vai realizar dende o Concello de Lugo unha oferta pública de postos de traballo e a selección e a asignación a cada entidade das persoas demandantes de emprego, único xeito de garantir o acceso equitativo de toda a poboación do municipio desempregada e a aplicación de criterios obxectivos de adecuación a estes postos de traballo”.

Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. ACE-EU tampouco ve xustificación algunha para que “as bases non inclúan incompatibilidades de parentesco ou doutro tipo”, por que isto daría un maior control sobre das persoas que acadan un posto de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com