Ace-Eu esixe a convocatoria inmediata da comisión de O Garañón

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida esixe a convocatoria inmediata da comisión de O Garañón ante “a gravidade de que xa fose rexistrada a segunda solicitude ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por parte da asociación pola defensa do Parque Rosalía para que se requira a execución forzosa das tres sentenzas firmes que obrigan á demolición das torres ilegais”.

Para Ace-Eu, “o feito de que a alcaldesa non dese a coñecer a resposta da Dirección Xeral de Patrimonio ás consultas remitidas dende o Concello de Lugo sobre cómo debe ser o proxecto de demolición axeitado e que non convocase aínda a comisión de O Garañón para trasladarlla aos grupos políticos é a enésima proba da intención dilatoria do Goberno Local”.

O concelleiro Carlos Portomeñe incide en que, “levamos meses e meses advertindo de que ao ter sido anulado o planeamento urbanístico por ser contrario a dereito, a demolición debe ser total e non existe ningunha posibilidade legal de demolición parcial, polo que estar continuamente plantexando a parcialidade como unha posibilidade é unha actitude en sí mesma constitutiva de delito de desobediencia”, explica, “a alcaldesa está a burlarse constamente da cidadanía, que é a que pagará o pato, pois de ter aberto voluntariamente o expediente de reposición da legalidade no seu momento a demolición correría a cargo do promotor, e agora o custe total terán que asumilo as arcas municipais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com