ACE-EU esixe á alcaldesa que informe “canto antes” da previsión de actuación ante a acumulación de contratos caducos

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida rexistrou unha batería de preguntas para a vindeiras Comisión de Contas na que solicita que o goberno informe canto antes sobre os estado dos trámites que o goberno local está levar a cabo para solucionar a acumulación endémica de contratos caducados que sofre o Concello de Lugo. “A convocatoria inmediata dunha Xunta de Voceiros para dar conta dun cronograma de posta ao día das licitacións municipais foi unha promesa feita pola propia alcaldesa no último Pleno ordinario, pero non volvemos ter noticia alguna da súa convocatoria dende ese anuncio verbal”, apunta Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

“É prioritario que dende a oposición teñamos claras as intencións do goberno neste aspecto fundamental revertir a deficiente xestión económica da administración municipal e os continuos problemas de reparos de legalidade, así como para asegurar a prestación de servizos públicos de calidade, que agora mesmo se atopan nun estado lamentable”,salientou o concelleiro. “Sen ter un compromiso de solución desta lacra perpetuada durante anos polos gobernos do PSOE, será tamén moi complicado que poidamos apoiar os lotes de inversión que o goberno local ten previsto elevar próximamente a Pleno”, advertiu Portomeñe.

A “a cotas sonroxantes”. Só os pagos a esta compañía, cuxo conCE-EU lembra que trala finalización no mes de marzo do contrato de limpeza viaria e de recollida e transporte de residuos coa empresa Urbaser, agora en mans dunha multinacional chinesa, a cifra de pagos con reparos de legalidade a empresas privadas sen contrato en vigor por parte do Concello de Lugo ten ascendidotrato vén de caducar tras máis de dúas décadas sen que o goberno local fixese ningunha previsión para recuperar a súa xestión directa, suporán preto de 8 millóns de euros abonados de xeito irregular.

Esta escandalosa contía ten que sumarse aos máis de 3 millóns de euros que se terán que abonar nun ano a firma Gestagua, que xestiona as plantas depuradora e potabilizadora sen relación contractual vixente coa administración municipal dende 2011. Tendo en conta tódolos contratos vencidos, o pagamento anual ascendería a partir de agora a aproximadamente a uns 17 millóns de euros e chegaría a supoñer o 20% do orzamento total do Concello de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com