Ace-EU lanza mañá un novo número do seu boletín de información municipal, “Na Rúa”, que abordará temas como a situación dos barrios da Milagrosa e da Ponte, o debate dos orzamentos municipais ou a avaliación do actual servizo de comedores escolares. Esta publicación será distribuida polas canles habituais, por correo nas direccións postais, repartida nas rúas da cidade, e difundida en formato dixital.
“Este boletín de noticias pretende ser un instrumento ao servizo da cidadanía, que ten dereito a coñecer a actividade que realizamos dentro do Concello de xeito pormenorizado. Trátase de visibilizar o traballo institucional na rúa pero tamén fomentar o traballo político fóra das institucións, fomentando o pensamento crítico e a participación das persoas nos asuntos públicos do municipio”, explica o concelleiro, Carlos Portomeñe.