ACE-EU pedirá ao Concello que recúe no recurso das Torres do Garañón

O voceiro de ACE-EU, Carlos Portomeñe, anunciou hoxe que o grupo levará ao pleno do próximo xoves unha moción para que o Concello dea un paso atrás no seu intento de deixar sen efecto un informe de Patrimonio que recoñece a ilegalidade das Torres do Garañón. Desta maneira, Alternativa Cidadá de Esquerdas quere que o goberno local retire o recurso contencioso que presentara o Concello no 2011 contra ese ditame.

Portomeñe explicou hoxe en rolda de prensa que “tanto o alcalde como o concelleiro de Urbanismo no inicio deste proxecto de edificación, López Orozco e Gómez Besteiro, declararon publicamente en numerosas ocasións que as Torres do Garañón son unha construción que non lles gustaba, pero que é legal, e como tal tiñan que respectala”.

Sen embargo, para o voceiro de ACE-EU “o feito de que as súas licenzas fosen anuladas por sentencias firmes converte a este proxecto residencial en ilegal, polo que non ten sentido que o executivo local decidise recorrer o ditame de Patrimonio que xustamente coincide coa súa valoración de falta de idoneidade dos inmobles”.

Do mesmo xeito, Portomeñe anunciou que a Asociación en defensa do parque Rosalía de Castro participará na Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal que se celebra mañá, un feito que o voceiro de ACE-EU considera “histórico, xa que tras anos de veto por fin se escoitará a súa voz no Concello” e asegurou que a presenza deste colectivo na xuntanza axudará a esclarecer todo o acontecido ao redor das Torres do Garañón.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com