ACE-EU propón a creación dunha Ordenanza de Igualdade de Xénero

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida levará ao vindeiro Pleno ordinario de outubro a elaboración e aprobación dunha Ordenanza Municipal de Igualdade de Xénero que dea rango normativo ás políticas municipais de promoción da igualdade real entre homes e mulleres e á erradicación da discriminación da muller. Asemade, ACE-Eu busca que esta ordenanza garanta a intervención coordinada e transversal en tódolos ámbitos externos e internos da administración municipal, asegurando que a perspectiva de xénero non estea a expensas da arbitrariedade e voluntariedade de cada equipo de goberno. Lugo sería a segunda cidade galega en aprobar este tipo de normativa, despois de que a aprobase o Concello de Ourense en 2011.

Para ACE-EU é “unha concepción errónea e incompleta adscribir os temas de xénero aos asuntos sociais e á loita contra a violencia de xénero, que a pesares de ser os máis importantes por motivos de emerxencia social, non son suficientes para garantir a igualdade real”. Por iso esta ordenanza debe estar orientada á creación de estructuras permanentes de impulso, xestión e coordinación de tódalas políticas municipais para que teñan en conta a equidade, garantindo en todo momento a inclusión da perspectiva de xénero en todo traballo do goberno municipal: na promoción do emprego, a programación cultural e turística, o impulso do deporte, a educación e mesmo o urbanismo e medio ambiente para acadar un entorno habitable e seguro para todas e todos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com