A candidatura de unidade popular Alternativa Cidadá de Esquerdas celebrou hoxe no Centro Social Uxío Novoneyra unha asemblea de rendición de contas do traballo realizado durante todo o mandato e para decidir o seu modelo de concurrencia ás vindeiras eleccións municipais. Tras facer un balance positivo do paso do grupo municipal ACE-EU pola oposición da corporación do Concello de Lugo, decidiuse por consenso da asemblea manter a mesma fórmula no vindeiro proceso electoral por considerarse unha marca que goza de credibilidade e con tendencia á alza e refrendouse como candidato á alcaldía ao actual voceiro, Carlos Portomeñe.
A intención de ACE é avanzar nas liñas que caracterizaron a súa liña de traballo durante este catro años: conseguir unha verdadeira fiscalidade progresiva acorde ao nivel de renda, renovar o planeamento urbanístico para acadar un espazo público centrado na calidade de vida e na inclusividade de toda a poboación, a mobilidade sostible, o feminismo, a recuperación dos servizos públicos locais e a calidade e estabilidade do emprego municipal, a memoria histórica e por último, mellorar a transparencia da xestión do Concello cara unha auténtica democracia participativa. Durante a asemblea recolléronse novas propostas programáticas dentro de todos este ámbitos considerados prioritarios.
Post Views: 0