ACE-EU solicita a apertura dun expediente ao colexio San José polas verteduras na zona do Carme

Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida reclamou ao Goberno local que abra un expediente ao colexio San José como orixe das verteduras de augas residuais na zona do Carme. Un expediente que segundo denuncia o voceiro, Carlos Portomeñe, o Concello “anunciara que xa estaba aberto” pero a formación puido constatar esta mañá durante a Comisión de Desenvolvemento Sostible, “que non o está”.

“Urxe a intervención municipal cunha inspección exhaustiva, non só porque se está a permitir unha solta neglixente de augas residuais nun punto que afecta ao Camiño Primitivo que é Patrimonio da Humanidade, senón para evitar ter que lamentar consecuencias tanto para o entorno natural como para a salubridade humana” explica Portomeñe.

Por esta razón, o concelleiro solicita a apertura con efecto inmediato dun expediente municipal ao Colexio San José, xa que o Concello confirmou que as augas residuais proveñen dun dos edificios deste centro escolar, e que unha das prioridades sexa o estudo pormenorizado dos posibles efectos ambientais, ante a posibilidade de acumulación de lodos contaminantes.

Precisamente, o feito que o grupo municipal ACE-EU considera máis preocupante é que esta situación “leva repetíndose dende hai anos co anterior goberno do PSOE, que non foi quen de solucionalo a pesares de que os seus responsables de medioambiente xa se reuniran co órgano reitor do Colexio San José e das múltiples queixas da veciñanza rexistradas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com