ACE-EU traslada a preocupación dos libreiros polos retrasos nos pagos das axudas para libros

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida faise eco da preocupación da Federación de Libreiros de Lugo sobre o dilatado retraso no pagamento dos vales para libros de texto e material escolar, que as librerías do municipio seguen sen cobrar a día de hoxe e xa rematado o período lectivo 2016-2017. “Temos constancia de que hai librerías que están pendentes de cobrar facturas por valor de varios miles de euros, cantidades que resultan asfixiantes para os autónomos e o pequeno comercio”, apunta o concelleiro Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Este pago pendente corresponde ao programa municipal de axuda ás familias con menos recursos para a compra dos libros de texto e material escolar, que consisten en vales por un importe de 80€ que os solicitantes das axudas non puideron canxear ata comezado o segundo trimestre do curso escolar, cos conseguintes inconvintes que un retraso deste tipo ten nas economías familiares apuradas.

“Estamos asistindo constantemente ao feito de que as consecuencias negativas dos graves problemas de xestión dos que adolece esta administración municipal os están a sufrir sempre os mesmos, os sectores máis débiles da poboación, é esta situación endémica a que debemos evitar”, remarcou Portomeñe. ACE-EU vén de rexistrar preguntas dirixidas ao concelleiro delegado de Educación, Manuel Núñez, para que explique as causas desta significativa demora no abono ás librerías e informe da previsión do goberno local de cando será posible facelo efectivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com