Ace-Eu urxe a que se regularicen os Anexos ao Pazo dos Deportes para mellorar as instalacións

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida vén de examinar o expediente de licenzas dos pavillóns anexos ao Pazo Provincial dos Deportes para estudar a posibilidade de mellorar as súas instalacións, e de comprobar que non consta licenza algunha correspondente ás naves anexas, que levan dende a súa inauguración -hai máis de vinte anos- sen dispoñer de zona de aseos e vestiarios.

ACE-EU reclama que se abra coa maior urxencia posible un expediente de legalización para que se poida proceder á reforma dos pavillóns e incluír así as dotacións necesarias para os centos de usuarios, e que as súas propias familias, levan tempo reclamando.

Este grupo municipal preguntará na vindeira Comisión pola situación urbanística destes edificios e polo xeito máis áxil de regularizala. “Tras varias décadas en funcionamento, e con varios centos de rapazas e rapaces usándoo diariamente, é inexplicable que ningunha das administracións competentes, nin os diferentes cargos políticos que foron responsables do Pazo, tanto do PP como do PSOE e do BNG; se preocupasen pola idoneidade destas instalacións”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com