ACE insta ao concello a axilizar a retirada da simboloxía franquista do IES Lucus Augusti

Alternativa Cidadá de Esquerdas insta ao Goberno do concello de Lugo a colaborar coa Xunta para axilizar a retirada da simboloxía franquista do IES Lucus Augusti.

No pleno de mañá, ACE defenderá unha moción para que o concello se coordine coa autoridade autonómica para completar a retirada do resto de símbolos franquisas que existen en edificios públicos de Lugo tal e como establece a Lei de Memoria Histórica.

“Non entendemos que haxa grupos municipais en Lugo que se teñan atrevido a chamar publicamente ao alzamento contra a legalidade, e ante a preocupante epidemia de sublevación que sofren boa parte dos membros desta corporación, cremos esencial que este asunto se trate abertamente en Pleno, para que tódolos partidos teñan a oportunidade de confirmar que respectan escrupulosamente a vixente Lei de Memoria Histórica”, aclara Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com