ACE pide que o 28 de xuño sexa considerado institucionalmente Día do Orgullo LGTBI

O Grupo Municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida, rexistrou esta mañá unha proposición para debatir no vindeiro pleno do Concello de Lugo con medidas para frear o odio e o acoso contra o colectivo LGTBI, baseadas na formación e concienciación na igualdade de dereitos e na liberdade afectivo-sexual.

A formación solicita ademais que o día 28 de xuño, día do orgullo LGTBI e data na que se celebrará a propia sesión plenaria; sexa considerado institucionalmente no municipio como día de reivindicación e loita polos dereitos dos colectivos LGTBI.

O voceiro da formación, Carlos Portomeñe, lembra que “o 28 de xuño de 1968 sucedéronse diversas revoltas en Stonewall (EE.UU.) para denunciar a criminalización a que estaban sometidas as persoas LGTBI no país, por iso, neste día, se conmemoran reivindicacións que deben ser acollidas por políticas públicas por parte das institucións destinadas a velar polos dereitos destas persoas”.

En relación coa matanza en Orlando acontecida onte, Portomeñe salienta que “por desgraza, acabamos de asistir a un ataque homófobo de dimensións mundiais que volve pór de manifesto que casi 50 anos despois segue a ser igual de necesario reivindicar a diversidade sexual e o dereito de cada persoa a ser e querer en liberdade”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com