Os membros da candidatura de Alternativa Cidadá de Esquerdas, tomaron parte nas manifestacións en pos dunhas condicións laborais dignas celebradas hoxe na cidade de Lugo: a dos técnicos das subcontratas de Movistar e a do persoal de Correos.
“Ante a precarización continuada e cada vez máis acusada do emprego, tanto de iniciativa privada como estatal, e a privatización dos servizos públicos coa excusa da crise, ACE defende non só o mantemento do carácter público dos servizos esenciais como o propio Correos ou os servizos sanitarios de o barrio da Residencia, senón a recuperación absoluta dos dereitos do traballador perdidos ao longo dos últimos anos”.
Co obxectivo de erradicar a precariedade laboral, ACE incluirá unha cláusula social nas licitacións públicas, e introducirá pregos de condicións de obras e servizos municipais para primar ás empresas que acheguen postos de traballo estables, de calidade, e que engadan criterios de redución da xornada laboral ata ás 35 horas semanais, aumentando así os postos de traballo e eliminando a sobre explotación do persoal.
“A nosa formación comprométese a un 0% de emprego precario entre o persoal funcionario dependente do Concello, e a controlar de forma estrita ás empresas externas contratadas para a prestación de servizos municipais, mediante a revisión das cláusulas contractuais, para que se aseguren unhas condicións laborais dignas e non discriminatorias para os traballadores e traballadoras”, concluíu Portomeñe.