ACE pedirá explicacións sobre as presuntas irregularidades das contas do Club Deportivo Lugo

Alternativa Cidadá de Esquerdas pedirá explicacións sobre a responsabilidade política nas presuntas irregularidades das contas do Club Deportivo Lugo presentadas ante a Fiscalía.

ACE afirma non entender “o silencio institucional ante unha presunta malversación de fondos públicos nunha Sociedade Anónima Deportiva en cuio Consello de Administración tiñan representación tanto o Concello de Lugo como a Deputación, no tempo durante o cal as presuntas irregularidades tiveron lugar”. Asemade, emplaza aos distintos partidos políticos que tiveron membros nos órganos directivos do clube a manifestarse sobre o proceso, “dado que podería conlevar responsabilidades penais”.

ACE formulará unha batería de preguntas concretas sobre a información revelada pola recente auditoría do C.D. Lugo ao concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, que formou parte do seu Consello de Administración, na vindeira Comisión de Medio Rural, Infraestructuras e Deportes; e non descarta solicitar a súa dimisión se as respostas aportadas non resultan satisfactorias.

“Non entramos no enfrontamento entre a anterior e a actual directiva, que non é de incumbencia política, só na parte que afecta ás institucións públicas, xa que casualmente todas as presuntas irregularidades que sinala a auditoría son do mesmo periodo no que exercen de conselleiros da S.A.D. os representantes políticos. É posible que non coñecesen nada sobre estes feitos?”, plantexou o voceiro de ACE, Carlos Portomeñe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com